¡Boas festas e grazas por estar aí! | OneFootball

¡Boas festas e grazas por estar aí! | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·24 December 2025

¡Boas festas e grazas por estar aí!

Article image:¡Boas festas e grazas por estar aí!
Article image:¡Boas festas e grazas por estar aí!

Nestas datas queremos deternos un momento para dar as grazas a todos os que nos ledes e nos acompañades. A vosa confianza e constancia son o que fai posible que sigamos adiante e que esteamos xa camiño dos 15 anos en activo, algo que nunca teriamos imaxinado ao comezar. Así que, antes de nada, moitas grazas a todos vós por estardes sempre aí e acompañarnos nesta travesía.

Aproveitamos tamén para desexarvos unhas felices festas, vividas ao voso ritmo e como máis vos apeteza. Agardamos seguir contando convosco no tempo que vén e continuar compartindo este proxecto que, despois de tantos anos, segue tendo moito que dicir.

View publisher imprint