Convocatoria da selección de Ourense para o partido contra o lume ante o Celta | OneFootball

Convocatoria da selección de Ourense para o partido contra o lume ante o Celta | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·6 October 2025

Convocatoria da selección de Ourense para o partido contra o lume ante o Celta

Article image:Convocatoria da selección de Ourense para o partido contra o lume ante o Celta

(RFGF) A sede da Real Federación Galega de Fútbol en Ourense acolleu esta mañá a presentación da convocatoria da primeira selección de Ourense da historia. Unha selección queeste mércores vai xogar contra o RC Celta un partido moi especial. O Estadio Abanca Balaídos acollerá ás 20:00 horas o partido “Xuntos contra o Lume”, unha iniciativa solidaria que busca recaudar o máximo posible para afrontar proxectos de reforestación nas zonas máis afectadas na provincia de Ourense polos incendios do mes de agosto.

O vicepresidente da RFGF, José Manuel Fernández, exerceu de anfitrión dando as grazas ao RC Celta por poñer en marcha esta iniciativa xunto á UD Ourense, a propia Federación Galega e todos os clubs da provincia que se sumaron coa cesión de futbolistas: CD Arenteiro, UD Barbadás, CD Barco, CD Córgomo, Verín CF, Monterrey CF, Atlético Arteiro e UD Somozas.


OneFootball Videos


Fernández fixo un chamamento a todos os ourensáns e a todos os galegos “a colaborar con esta iniciativa solidaria”, ben comprando entradas ao prezo de 10 euros ou mediante unha doazón vía bizum ou por transferencia a través de Abanca. Toda a información ao respecto da venda de entradas e da maneira de colaborar pode atoparse na web do RC Celta, https://rccelta.es/entradas/

O vicepresidente da RFGF tamén quixo agradecer de maneira especial a UD Ourense, Verín CF, CD Arenteiro e CD Barco, os catro equipos que xa iniciaran os trámites para un torneo solidario por “aceptar a proposta da RFGF e do RC Celta de sumar esforzos e unirse todos nun evento común co fin de conseguir o maior impacto posible e deste xeito acadar unha marea de solidariedade coas zonas máis afectadas polo lume deste verán”.

Javier Orbán, presidente da UD Ourense, agredeceu a participación do Celta e da Federación, así como de todos os clubs que colaboran na confección da Selección de Ourense e na celebración deste partido insistindo tamén na necesidade “de que se sume moita xente a esta iniciativa e consigamos o maior apoio posible para axudar ás zonas afectadas polos incendios”.Dous clásicos do fútbol ourensán como seleccionadores

Dous clásicos do fútbol ourensán son os elixidos pola RFGF para dirixir a esta histórica Selección de Ourense, Mario Guede e Ramón Dacosta. Os dous amosaron a súa satisfacción e o orgullo que representa para eles “poder estar á fronte desta selección” e remarcaron as facilidades dadas “polos clubs e polos futbolistas para poder contar con eles”. O aspecto deportivo é importante pero destacan sobre todo que “o máis importante é a vertente solidaria desta selección, a través da cal queremos axudar a conseguir o maior respaldo posible a esta iniciativa”. Dacosta indicou que “hai xogadores que querían estar pero non poden por estar con problemas físicos, pero a verdade é que atopamos moitas facilidades para confeccionar a selección” que está formada principalmente por xogadores de categoría nacional.

View publisher imprint