moiceleste.com
·29 December 2025
Directo | Afouteza Podcast: CeltaVision 2025

In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·29 December 2025


CELTAVISIÓN 2025 — A gala do celtismo: a bancada decide Hoxe facemos unha gala ao máis puro estilo Eurovisión: avaliación do cadro do Real Club Celta por liñas, con ritmo alto, datos e humor. A audiencia manda: vós sodes a voz e a medida. Formato e mecánica — Avaliación por liñas: Portaría, Defensa, Medio, Ataque. — En cada liña, propoñemos a relación de xogadores e abrimos sufraxio en directo. —
Sistema VOTACIÓN: Xurado profesional valora cada xogador (3,2,1,0). E o chat tamén. Sempre sen amaños nin trapalladas que non somos Israel. — Transparencia: contaxe en directo, paneis de ranking e resumo final por liña e global. A audiencia, protagonista — Sufraxio en tempo real — Mensaxes e argumentos da bancada celeste integrados no directo. O que imos medir — Portaría: seguridade, xogo de pés, mando na área. — Defensa: solvencia, saída limpa, duelos, concentración. — Medio: pausa, rexistro, presión, conexión co ataque. — Ataque: finalización, xerar ocasións, asociación, carácter. Obxectivo Elevar o debate mediante a forza da bancada: voces, argumentos e sufraxio visible. O resultado final será un mapa de valoracións para o presente e para o que vén. Participa xa — Quen merece o 12 na portaría? — Quen manda na defensa? — Quen dá luz no medio? — Quen rompe arriba? Directo e plataformas Escoita e participa nas nosas canles: ritmo alto, datos sólidos e retranca. Subscríbete a Afouteza Podcast e deixa a túa visión









































