moiceleste.com
·5 November 2025
Sergio Álvarez amosa a súa confianza en Iván Villar

In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·5 November 2025


Foto: Marta G. Brea / Faro de Vigo
O exgardamallas e actual conselleiro do Celta, Sergio Álvarez, amosou este mércores a súa confianza en Iván Villar, quen será previsiblemente o titular en Zagreb, logo de que Radu non viaxase por mor dunha lesión no polgar da man dereita.
"Iván traballa moito no día a día e está preparado para cando Claudio o precise. Iso é o máis importante. Tiven a sorte de compartir vestiario con el e sei como é: un rapaz que sempre intenta axudar aos compañeiros. Oxalá lle vaia moi ben, porque iso será bo para todos", manifestou en declaracións recollidas por La Voz de Galicia.
O “Gato de Catoira” recoñece que “é difícil gañar fóra da casa”, pero subliña que “é un reto máis” e que o equipo ten “moita ilusión e ganas”. Ademais, lembra que “vimos de conseguir dúas vitorias a domicilio na Liga, e o equipo está preparado para iso. Hai que afrontalo coa dificultade que vai ter, pero por que non imos conseguir esa primeira vitoria europea fóra da casa?”.









































