Siareiros Celta Vigo explica o motivo dos 10 minutos de silencio durante o Celta - Mallorca | OneFootball

Siareiros Celta Vigo explica o motivo dos 10 minutos de silencio durante o Celta - Mallorca | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·24 February 2026

Siareiros Celta Vigo explica o motivo dos 10 minutos de silencio durante o Celta - Mallorca

Article image:Siareiros Celta Vigo explica o motivo dos 10 minutos de silencio durante o Celta - Mallorca
Article image:Siareiros Celta Vigo explica o motivo dos 10 minutos de silencio durante o Celta - Mallorca

Siareiros Celta Vigo explicou onte a través da súa conta nas redes sociais o motivo polo que a bancada de animación gardou silencio durante os 10 primeiros minutos do partido disputado o pasado domingo ante o Mallorca en Balaídos.

"Dende comezo da tempada e ao longo dos últimos meses é xeral a percepción de que a Bancada Siareiros, o noso querido recuncho, está sometido a un aumento de control, de cacheos, de identificacións e, en moitos casos, de intimidación ou abusos", explican, e engaden: "Na tarde de onte (polo domingo), durante o primeiro tempo e sen mediar explicación, vivimos cómo moitos celtistas e membros da bancada foron retidos, cacheados e identificados se razón aparente nos accesos dun dos baños do estadio". 


OneFootball Videos


No escrito continúan sinalando que"Sentímonos observador con lupa, tratados de xeito desigual e, moitas veces, idefensos. É por iso que tomamos a decisión de cesar a animación nos primeiros dez minutos da segunda parte", engaden.

View publisher imprint