moiceleste.com
·21 de julio de 2026
A Carta de despedida de Hugo Sotelo

In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·21 de julio de 2026


Despois de toda unha vida no Celta, Hugo Sotelo marchou para o Levante, onde xogará cedido esta tempada, ainda que o club granota ten unha cláusula de compra ao remate da súa cesión. Despois de que se coñecese o seu destino, o canteirán escribiu unha carta de despedida da que foi a súa afección nos últimos anos.
Despois de tantos anos defendendo estas cores, chegou o momento de afrontar un novo reto. Durante uns meses, os nosos camiños sepáranse.
Será algo novo para min non adestrar en Afouteza nin defender o escudo do Celta en Balaídos xunto a vós.
É unha decisión que tomamos entre o club e mais eu, convencidos de que é o mellor para todos. Afronto esta nova etapa con moita ilusión e co obxectivo de seguir medrando, tanto como xogador coma persoa.
Grazas de corazón por estardes sempre aí.
En vivo




En vivo



































