moiceleste.com
·21 de octubre de 2025
Borja Iglesias móllase sobre o fútbol feminino ou a homosexualidade

In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·21 de octubre de 2025
Borja Iglesias non é só un dianteiro destacado no Celta de Vigo; tamén se converteu nunha das voces máis firmes do fútbol español en temas de xustiza social. Mentres moitos xogadores optan por manterse ao marxe da polémica, oPanda decidiu usar a súa posición mediática para falar con claridade sobre igualdade, diversidade e dereitos humanos.
Nunha recente entrevista con Nós Televisión, o futbolista reflexionou sobre cuestións que transcenden o terreo de xogo. Dende a homosexualidade no fútbol, o fútbol feminino ata a situación en Palestina, Borja defende que os deportistas teñen o dereito e a responsabilidade de expresar a súa opinión sobre asuntos políticos e sociais.
O crecemento do fútbol feminino
Un dos temas centrais da conversa foi o desenvolvemento do fútbol feminino. Moitos críticos sosteñen que este deporte non xera os mesmos ingresos que o masculino, sen ter en conta que a súa evolución estivo marcada por décadas de desigualdade estrutural. A falta de investimento, cobertura mediática e recursos adecuados condicionou durante moito tempo o seu potencial.
Borja Iglesias destacou que esta realidade non diminúe o talento nin a repercusión de xogadoras como Alexia Putellas ou Aitana Bonmatí:“A xente di que o fútbol feminino non xera o mesmo, pero posiblemente Alexia ou Aitana xeran máis que eu, isto é unha realidade. Son dúas referentes mundiais e hai moitas máis. O fútbol feminino está a medrar, aínda que vai máis lento do que podería. Todo ten un proceso: levan anos moi por detrás en infraestruturas e persoal capacitado. Pero todo está a medrar, tamén os seus ingresos”.A homosexualidade no fútbol: un tema aínda tabú
Outro asunto que Iglesias quixo visibilizar foi a homosexualidade no fútbol, que aínda segue a ser considerado un tema delicado. Para poñer exemplos, mencionou o seu antigo compañeiro Héctor Bellerín:“Leva anos loitando contra situacións deste tipo e cando xogou no Arsenal recibiu críticas tremendamente duras por facer un acto cunha peña LGTBI”, explicou.