Directo | Afouteza Podcast: Celta 5, Sentidiño 0: ate o infinito e máis alá. | OneFootball

Directo | Afouteza Podcast: Celta 5, Sentidiño 0: ate o infinito e máis alá. | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·30 de septiembre de 2026

Directo | Afouteza Podcast: Celta 5, Sentidiño 0: ate o infinito e máis alá.

Imagen del artículo:Directo | Afouteza Podcast: Celta 5, Sentidiño 0: ate o infinito e máis alá.
Imagen del artículo:Directo | Afouteza Podcast: Celta 5, Sentidiño 0: ate o infinito e máis alá.

O Celta meteu cinco, perdemos o sentidiño e xa estamos preguntando se a final europea da Europa League ten aparcamento. O Celtismo en estado puro. Bendita tolemia. Abrimos as portas do salón, sacamos a vaixela boa e poñemos ao mordomo do Ferrero Rocher na entrada de Balaídos, porque o Celta marcou cinco e esta casa celebra calquera cousa que non remate cun comunicado de lesións. Chegan Bardo do Norte, Xoán, se lle deixa o nariz, claro, porque se non xa virá outro día; Er Dinky, pisha, indenait; Fran De Lamas, Percu e Airam descontrolados nos controis e todos os nosos amigos do chat, esa xente marabillosa que entra para falar de fútbol e acaba auditando sociedades mercantís. Ou facendo origamis de saldo. Falaremos do 5-0 ante o Racing, evitando determinadas rimas por respecto á audiencia, á poesía e ao Código Penal. Tamén repasaremos as últimas novidades de Casa Celta, incluídas esas contas creativas que nunca cadran, pero sempre aparecen perfectamente peiteadas na presentación oficial.

Teremos marcadores, actualidade, análise e un debate de máxima transcendencia para o futuro da humanidade: Fútbol de seleccións, si ou non? Un debate sereno, educado e construtivo que, como é habitual, rematará con catro persoas berrando, dúas falando á vez e alguén culpando ao lateral esquerdo. Todo isto mentres Amaia de La Oreja de Van Gogh continúa procurando unha nota perdida en Bangkok, in the night, in the garden, acompañada polo mordomo do Ferrero Rocher, que xa non sabe se ofrecer bombóns ou tapóns para os oídos. Non pestanexes, porque o vas perder. E se pestanexas, tranquilo: nós tampouco sabemos exactamente o que está pasando.

Ver detalles de la publicación