moiceleste.com
·22 de febrero de 2026
Directo | Afouteza Podcast: Fidelius Celtarum Maximus

In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·22 de febrero de 2026


Hoxe temos un programa deses que veñen cargadiños, coma cando entramos en Balaídos un día de vento e sabemos que algo vai pasar. Chegamos nun momento doce: xogando ben, competindo mellor e con ese punto de ilusión que non se compra nin se finge. Así que, como debe ser, traemos dobre ración de pizarra: 🔷 Análise táctico europeo, revisando o que significou o partido contra o PAOK e como está madurando este Celta cando sae fóra das fronteiras.
🔷 Análise táctico da xornada, centrado no duelo contra o Mallorca, onde a idea, a presión e o ritmo volverán a ser protagonistas dun equipo que non renuncia a nada. Pero non só de táctica vive o celtismo. Hoxe tamén haberá risas, debates e ese punto de sarao controlado que tanto nos gusta. Volven á mesa: Bardo do Norte, coa súa retranca característica Dinky, sempre afinado Fran Lamas, melena ó vento, que non deixa un tema sen morder E por suposto, os nosos amigos habituais do canal, que veñen co micro quente e a opinión lista para saír voando. Unete o grupo dos elexidos e chatea con nós en directo . Prepárate que isto arrinca: actualidade, análise, humor e celtismo… todo ben mesturado e servido con calma, como mandan as tradicións da casa. Benvidos un día máis a MoiCeleste. Imos fortes. ¿Arrincamos?









































