moiceleste.com
·2 de noviembre de 2025
Directo | Afouteza Podcast : Minguezorum Fulguris

In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·2 de noviembre de 2025


🎙️ Hoxe hai programa en Afouteza Podcast e vén cargadiño de emoción, análise e retranca celeste! E o facemos cun novo feitizo o estilo de Harry Potter: MInguezorum Fulguris!! Despois do partido do Celta, subímonos ao barco afouto con toda a tripulación lista para zarpar: o inconfundible Bardo do Norte traerá retranca fina coma sempre, Berna Seoane repasará a actualidade celeste co seu radar sempre aceso, Gran Lebrownie serviranos o postpartido con sabor a bancada, e Fran Lamas despregará a pizarra táctica máis avanzada —e máis seguida— por todo o celtismo.
A NASA da Madroa xa treme ante tanto nivel de análise! 💬 E como sempre, o chat é protagonista: cos seus comentarios, os seus memes, os seus debates e as súas teorías conspiranoicas sobre o VAR, o céspede e os cambios no 75’. Tal e tal, como debe ser. ⚽ Xogamos ben? Xogamos mal? Xogamos a algo? O que está claro é que o imos contar con humor, rigor e moita, moita afouteza. Dálle ao play e únete á resistencia celeste! Sé máis ca celtista: sé afouteceiro. Únete a Afouteza Podcast. A nosa portada de hoxe ten moito significado ¿Saberías distinguir os símbolos e qué significan? Pon a túa visión en comentarios.









































