moiceleste.com
·3 de enero de 2026
Hugo Álvarez: "Temos que sumar máis puntos na casa que na primeira volta"

In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·3 de enero de 2026


O Celta comezou o ano da mellor maneira posible cunha contundente vitoria por 4-1 fronte ao Valencia en Balaídos, nun partido no que Hugo Álvarez puxo o broche final anotando o cuarto tanto celeste. O canteirán amosouse satisfeito tanto a nivel colectivo como individual, aínda que deixou claro que o primordial é o equipo.
“Moi contentos, e a nivel individual moi contento polo gol, pero o máis importante é levar a vitoria”, asegurou tras o encontro. O extremo destacou tamén a relevancia de arrincar ben o novo ano: “Sabiamos que empezar o ano ben é moi importante. Animános a seguir traballando”.
Non foi un encontro sinxelo para os de Claudio Giráldez. O propio Hugo recoñeceu as dificultades iniciais do equipo ante un Valencia ben organizado:“Foi un partido complicado, eles axustáronse moi ben e obrigáronnos a axustarnos”. A pesar dun inicio espeso, o Celta soubo reaccionar, medrou co paso dos minutos e acabou sendo superior.
Co 2026 xa en marcha, Hugo Álvarez non agocha a ambición nin a confianza no grupo:“Que sexa igual ou mellor que o anterior, e seguir traballando, que este grupo merece grandes cousas”. Unha mensaxe clara de ilusión e compromiso por parte dun futbolista cada vez máis asentado no primeiro equipo.
O xogador tamén quixo poñer o foco na importancia da afección de cara á segunda volta do campionato:“É moi importante nesta segunda volta estar xuntos, temos que sumar moitos máis puntos na casa que na primeira volta”. Balaídos volveu responder e o equipo quere converter o estadio nun fortín para acadar os obxectivos marcados.









































