moiceleste.com
·14 de mayo de 2025
In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·14 de mayo de 2025
O Celta sumou unha valiosa vitoria este martes en Anoeta ante a Real Sociedad (0-1), nun encontro moi traballado no que a seriedade defensiva foi clave. Ao remate do partido, o central celeste Javi Rodríguez valorou o esforzo do equipo e destacou a importancia dos tres puntos.
“As sensacións sempre son boas cando se gaña, pero sufrimos moito. É un campo moi complicado e xogabamos contra un rival que leva moitos anos competindo en Europa. Tocounos sufrir, pero aproveitamos a que tivemos e levamos os tres puntos, que eran moi importantes, e máis aínda fóra da casa”, comentou.
O canteirán insistiu na importancia de manter a portería a cero e no traballo colectivo defensivo: “Cando non estás moi ben coa pelota, tes que saber sufrir, defender todos xuntos. Soubemos facelo, e con portería a cero é máis fácil gañar”.
O defensa tamén puxo en valor o rival e o contexto do partido: “Cada partido é importante, pero este máis, xa que era un rival directo nas mesmas posicións. Tres puntos para Vigo, estamos moi contentos e xa pensando no seguinte encontro”.
Por último, tivo palabras de agradecemento para a afección celeste: “Este ano a afección estivo de dez, e hoxe queremos agradecerlles que, sendo martes, viñeran ata aquí a apoiarnos”.