moiceleste.com
·16 de mayo de 2025
O Colexio Lope de Vega recibe Ás Celtas co himno do Centenario

In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·16 de mayo de 2025
O colexio Lope de Vega tinguiuse esta mañá de celeste coa visita de As Celtas, representadas por María Figueroa e Paula Domínguez, que foron recibidas polos case 500 nenos e nenas que enchen o colexio vigués, vestidos con camisetas e bandeiras do Celta. Con motivo da celebración das Letras Galegas, a ANPA A Arcadia e o propio colexio organizaron unha sesión na que o alumnado cantou a coro o himno do centenario, composto por C. Tangana.
Ao acto tamén asistiron Antón Álvarez, membro do Consello de Administración do club vigués e pai do compositor da peza, e unha lenda celeste, Javier Maté, que recibiron con emoción a actuación realizada polo alumnado do centro. O grupo de música popular Corisco tamén colaborou, aportando a súa instrumentación á peza de C. Tangana. A Fundación do Celta, que colaborou no acto, tamén estivo representada.
O evento coincidiu coa petición do Celta para que os colexios se tinguisen de celeste, animando ao alumnado a vestir camisetas do equipo céltico na previa do trascendental encontro ante o Rayo Vallecano, aínda que o acto celebrado no Lope de Vega estaba programado dende hai meses.