moiceleste.com
·20 de septiembre de 2026
Pablo Durán: "Facemos moitas cousas ben e sabíamos que isto ía chegar"

In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·20 de septiembre de 2026


Foto: RC Celta
Pablo Durán foi un dos grandes protagonistas do contundente triunfo do Celta ante o Racing de Santander (5-0), ao marcar dous dos cinco goles celestes. O "Búfalo de Tomiño" mostrouse moi satisfeito polo resultado e destacou o traballo realizado polo equipo nas últimas semanas."A verdade é que moi contentos pola vitoria, creo que o merecíamos todos: nós, club, afección, xogadores, todos e moi contentos. Levamos facendo todos moitas cousas ben e sabíamos que isto ía ser cousa de tempo que ía chegar. Facemos moitísimas cousas ben", explicou.
O dianteiro tamén analizou os dous goles e recoñeceu que debe buscar con máis decisión a portería cando ten ocasión de rematar. "Os momentos antes de tirar moitas veces teño que ser moito máis agresivo e buscar máis portería, confiar máis en min e no meu tiro. É o que fixen, probar e tiven sorte e entrou", sinalou Durán, que asinou así un dobrete nunha tarde perfecta para o Celta.
Por último, o atacante quixo agradecer o apoio da afección celeste e pediu que manteña a confianza no equipo."Sempre agradecerlles o apoio que nos dan, que sigan confiando, que sigan apoiando que son un pilar fundamental para nós e vamos a por máis", afirmou Pablo Durán.