Pablo Meixús: "Moito orgullo poder participar no encontro" | OneFootball

Pablo Meixús: "Moito orgullo poder participar no encontro" | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·31 de octubre de 2025

Pablo Meixús: "Moito orgullo poder participar no encontro"

Imagen del artículo:Pablo Meixús: "Moito orgullo poder participar no encontro"
Imagen del artículo:Pablo Meixús: "Moito orgullo poder participar no encontro"

O central do Celta Fortuna, Pablo Meixús, viviu onte unha noite especial ao debutar co primeiro equipo do Celta no encontro de Copa do Rei fronte ao Puente de Vega, que rematou cun triunfo celeste por 0-2. O xogador mostrouse moi emocionado pola oportunidade recibida.

“Moito orgullo estar con eles, poder participar no encontro, pero xa poder estar na convocatoria é moi bonito para todos nós”, confesou Meixús tras o partido.O defensor destacou tamén o carácter especial da competición: “A Copa é o que ten, atrae a moita xente e fai posible que ocorran estes partidos. A xente que se achegou hoxe ao campo puido desfrutar do fútbol contra un equipo como o Celta.”En canto ao desenvolvemento do encontro, recoñeceu que o equipo tardou en atoparse cómodo sobre o terreo de xogo:“Custounos entrar no partido. Todos os equipos compiten, estase vendo nesta rolda, pero pouco a pouco fixémonos co partido.”Por último, Meixús quixo agradecer o apoio recibido pola afección celeste: “Houbo moita xente que se desprazou para apoiarnos, hai que agradecérllelo.”

Ver detalles de la publicación