moiceleste.com
·24 de febrero de 2026
Siareiros Celta Vigo explica o motivo dos 10 minutos de silencio durante o Celta - Mallorca

In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·24 de febrero de 2026


Siareiros Celta Vigo explicou onte a través da súa conta nas redes sociais o motivo polo que a bancada de animación gardou silencio durante os 10 primeiros minutos do partido disputado o pasado domingo ante o Mallorca en Balaídos.
"Dende comezo da tempada e ao longo dos últimos meses é xeral a percepción de que a Bancada Siareiros, o noso querido recuncho, está sometido a un aumento de control, de cacheos, de identificacións e, en moitos casos, de intimidación ou abusos", explican, e engaden: "Na tarde de onte (polo domingo), durante o primeiro tempo e sen mediar explicación, vivimos cómo moitos celtistas e membros da bancada foron retidos, cacheados e identificados se razón aparente nos accesos dun dos baños do estadio".
No escrito continúan sinalando que"Sentímonos observador con lupa, tratados de xeito desigual e, moitas veces, idefensos. É por iso que tomamos a decisión de cesar a animación nos primeiros dez minutos da segunda parte", engaden.









































