Vídeo | “Heroes do Sil”, unha homenaxe do Celta aos viticultores da Ribeira Sacra | OneFootball

Vídeo | “Heroes do Sil”, unha homenaxe do Celta aos viticultores da Ribeira Sacra | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·18 de noviembre de 2025

Vídeo | “Heroes do Sil”, unha homenaxe do Celta aos viticultores da Ribeira Sacra

Imagen del artículo:Vídeo | “Heroes do Sil”, unha homenaxe do Celta aos viticultores da Ribeira Sacra
Imagen del artículo:Vídeo | “Heroes do Sil”, unha homenaxe do Celta aos viticultores da Ribeira Sacra

(RC CELTA) O Celta estrea “Heroes do Sil”, un documental que rende homenaxe ao traballo incansable da vendima en Galicia e ás mans que coidan e protexen unha terra única, cuxo froito é símbolo de tradición e denominación de orixe.

Gravado por Celta Media nas espectaculares paraxes de Sober (Lugo), o documental penétrase no traballo da vendima heroica da Ribeira Sacra, especialmente no Concello de Doade, onde o escarpado da paisaxe e o labor dos vendimiadores conviven en perfecta harmonía para dar vida a un dos tesouros vinícolas máis recoñecidos de Galicia.


OneFootball Videos


Da man de Fernando González, propietario da Adega Algueira; Javier Rodríguez, enólogo da Denominación de Orixe Ribeira Sacra; e de José Luis Fernández, viticultor local; coñecemos o proceso de elaboración do viño penetrándonos na maxestosa paisaxe do Río Sil, testemuña de xeracións e xeracións dedicadas á vendima, e desde onde se aprecia a dureza do traballo que se desenvolve nas ladeiras que se precipitan cara a el.

A Ribeira Sacra é un dos grandes símbolos da chamada viticultura heroica. Da súa terra nace un viño denominación de orixe froito da loita por sacar adiante o imposible, unha Afouteza que os afeccionados celestes coñecemos ben.

Con “Heroes do Sil”, o Celta continúa impulsando proxectos que enxalzan a identidade galega e o respecto polo noso patrimonio natural e cultural, apoiando a única candidatura española que se presentará ante o Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO en 2026 para optar a converterse en Patrimonio da Humanidade.

Ver detalles de la publicación