moiceleste.com
·19 de enero de 2025
In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·19 de enero de 2025
Foto: Faro de Vigo
O Celta caeu derrotado este domingo ante o Athletic Club este domingo en Balaídos. O encontro deixou a Yoel Lago como unha das novidades no once inicial do conxunto vigués, un momento especial para o xogador do filial celeste, que valorou a súa estrea esta tempada en Liga.
"Moi contento pola oportunidade do míster, é un orgullo xogar no once e intentarei aproveitar as ocasións que o míster me dea", declarou Lago, mostrando a súa satisfacción por contar con minutos nun partido de tanta esixencia.
O futbolista tamén destacou a gran presenza de xogadores formados na base dentro do equipo titular: "Ó final, 7-8 canteiráns contra todo un Bilbao, un equipo de Champions. Hoxe non saíu, pero virán mellores resultados". Unha mostra máis do traballo da canteira celeste e do seu protagonismo no primeiro equipo.
Por último, Lago quixo agradecer o apoio da afección, que estivo presente en Balaídos a pesar do desgaste físico que arrastraba o equipo: "Esa enerxía que temos en Balaídos coa nosa xente... Dende o xoves tivemos pouco tempo de descanso, e o equipo estivo ata o final no partido. Outros días entra, hoxe non", concluiu.