Hugo Álvarez: "Fixemos un 2025 histórico" | OneFootball

Hugo Álvarez: "Fixemos un 2025 histórico" | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·20 décembre 2025

Hugo Álvarez: "Fixemos un 2025 histórico"

Image de l'article :Hugo Álvarez: "Fixemos un 2025 histórico"
Image de l'article :Hugo Álvarez: "Fixemos un 2025 histórico"

Tras o empate a cero fronte ao Real Oviedo no Nuevo Tartiere, Hugo Álvarez, atacante do Celta, falou con Celta Media sobre o encontro, os resultados e o balance da temporada. “Sabiamos que viñamos a un campo complicado, que ía ser difícil. Eles non reciben moitos goles na súa casa, e conseguimos un punto que sempre é bonito sumar fóra de casa, e con ganas de máis”, destacou Álvarez ao analizar o partido.

O xogador tamén comentou a importancia dos resultados como visitantes:“É algo importante, sempre está ben sumar fóra da casa, e este ano estamos sumando moito. Intentaremos seguir así e afianzarnos na casa, que tamén é importante”.


Vidéos OneFootball


Respecto ao balance da temporada, Álvarez mostrouse orgulloso do traballo do equipo:“Estou moi orgulloso do equipo, fixemos un ano histórico. Disputar competición europea era un soño, e esperamos que 2026 sexa un ano igual ou mellor”.

Por último, o atacante quixo agradecer á afección o apoio mostrado:“Era espectacular velos alí. Son un xogador máis, moi agradecido a eles que sempre nos apoian, e hoxe foi unha gran demostración”.

À propos de Publisher