moiceleste.com
·31 janvier 2025
In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·31 janvier 2025
Iker Losada foi presentado esta tarde como a nova fichaxe do Celta para este mercado de inverno. O xogador agradeceu a Betis e Celta o esforzo feito para que él puidera seguir medrando e tamén para cumplir un dos seus soños: Xogar no Celta. O de Catoira non quixo entrar no tema da opción de compra que non figura no seu contrato:
“Deses temas apártome, son cousas que falan os clubes e eu prefiero non saber nada. Estou centrado no que ven agora, nesta volta tan ansiada que quería, quero demostrar, quero xogar e facelo ben para que todo saia o mellor posible. Estas semanas foron intensas, pero estou moi contento”, declarou.
O canteirán ofreceuse para xogar este mesmo domingo ante o Valencia: “O recibimento foi espectacular, xa coñecía a case todos, foi como chegar á casa e que te reciban desa maneira é moi bonito e moi ilusionante. Estou para o que queira o míster”, suliñou.
Con respecto ao que lle pide Claudio Giráldez, Losada explicou que quere “que sexa eu mesmo, que teña esa valentía co balón que sempre lle gustou. Que teña o descaro de xogaar nos últimos metros do campo, ter esa valentia de querer o balón, de facer dano ao rival e ser malo”, destacou.
Ademáis deixou claro que quere medrar xunto co clube: “Estamos nese punto de crecer xuntos, co proxecto que levamos anos facendo e que ven moi ben, tanto para o clube como para a plantilla en sí. É importante que sigamos crecendo e desfrutando todos xuntos, e eu únome para seguir crecendo neste proxecto que é ilusionante”.
Por último contou como se concretou a súa fichaxe: “Dende o principio a miña idea era quedar alí, non estaba contando cos minutos que un quere, pero estaba moi feliz, estaba adestrando moi ben, e contento coa situación do equipo. Cando chegou a chamada do Celta tamén pensas en ti, no que queres, no que vai vir ben para o teu futuro. Son un xogador xoven que quere xogar, e a oportunidade de vir aquí cun adestrador que me coñece e se adapta moi ben ao meu xogo era unha oportunidade de ouro para non deixar escapar”, finalizou.