Javi Rodríguez: "Unha pena que non puido entrar o gol" | OneFootball

Javi Rodríguez: "Unha pena que non puido entrar o gol" | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·2 février 2026

Javi Rodríguez: "Unha pena que non puido entrar o gol"

Image de l'article :Javi Rodríguez: "Unha pena que non puido entrar o gol"
Image de l'article :Javi Rodríguez: "Unha pena que non puido entrar o gol"

Foto: Faro de Vigo

O Celta sumou un punto en Getafe tras empatar sen goles nun encontro no que foi de menos a máis. Así o recoñeceu Javi Rodríguez ao remate do partido, sinalando que ao equipo custoulle atopar o ritmo nos primeiros 45 minutos. “A primeira metade custounos un pouco, tiñamos que darlle un pouco más de ritmo. Na segunda metade demos un pouco más de ritmo, movemos o balón dun lado a outro. Foron mellores sensacións na segunda metade. Unha pena que no puidemos traer os 3 puntos”.


Vidéos OneFootball


A pesar de non lograr a vitoria, o defensor celeste puxo en valor o feito de manter a portería a cero, un aspecto que considera clave na mellora do equipo. “Pero coa portería a cero sempre son boas sensacións. Xa o dixen que sempre que non perdes é bo, estás puntuando en cada partido. Ter a portería a cero era algo que nos custaba antes moito e agora estamolo facendo moi ben. Unha pena que non puido entrar o gol”.

Javi Rodríguez insistiu tamén nas boas sensacións xerais deixadas polo equipo, especialmente tras o descanso, e quixo ter un xesto de agradecemento coa afección desprazada. “Fixemos un bo partido, sobre todo na segunda metade. Primeiro darlle as grazas a todos os que viñeron hoxe e logo esperamos a todos o venres animando como fan sempre en Balaidos. Esperemos darlles unha alegría e unha vitoria”.

À propos de Publisher