moiceleste.com
·12 décembre 2025
Jonathan Aspas fala sobre a renovación do seu irmán

In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·12 décembre 2025


Foto: Marta G. Brea / Faro de Vigo
O Celta continúa pendente da decisión máis esperada polos seus seareiros: que pasará con Iago Aspas cando remate o seu contrato, en xuño de 2026. O dianteiro moañés, referente absoluto do club e capitán eterno, cumpre 38 anos e a posibilidade da retirada comeza a aparecer no horizonte, aínda que no seu caso a situación é singular. Aspas segue a ser unha peza clave nos plans de Claudio Giráldez, polo que a súa continuidade non é un tema menor dentro da entidade celeste.Unha decisión que se fará agardar
O irmán e representante do futbolista, Jonathan Aspas, abordou esta cuestión durante unha entrevista en En Xogo, da Televisión de Galicia. Segundo explicou, a decisión final non chegará a curto prazo. “Será máis cara ao final da tempada, dependerá de como se atope e das sensacións que teña”, sinalou, deixando claro que o dianteiro tomará o seu tempo antes de anunciar se prolonga un ano máis a súa carreira ou se pon punto final á etapa profesional.
Nun ton distendido, Jonathan mesmo lembrou que a última renovación de Aspas se fixo pública polo Nadal, polo que non descartou, entre risas, que a historia se repita: “Oxalá sexa nos Reis”, comentou.Aspas, imprescindible pese á veteranía
Aínda que o paso do tempo é inevitable, no terreo de xogo Aspas continúa demostrando que segue a ser un futbolista determinante. O seu representante insistiu na importancia que ten para o equipo tanto polo seu rendemento como polo seu rol dentro do vestiario:“É capitán, hai moitos partidos e hai que dosificar, pero o seu papel segue a ser fundamental”.
Así, o Celtismo terá que agardar uns meses para coñecer que rumbo toma o seu gran emblema. O que está claro é que, mentres non chegue esa decisión, Balaídos seguirá desfrutando dun dos xogadores máis transcendentes da súa historia recente.









































