O Salón Regio acolle a presentación do libro "Un equipo para un país. O Celta e a galeguidade" | OneFootball

O Salón Regio acolle a presentación do libro "Un equipo para un país. O Celta e a galeguidade" | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·15 mai 2026

O Salón Regio acolle a presentación do libro "Un equipo para un país. O Celta e a galeguidade"

Image de l'article :O Salón Regio acolle a presentación do libro "Un equipo para un país. O Celta e a galeguidade"
Image de l'article :O Salón Regio acolle a presentación do libro "Un equipo para un país. O Celta e a galeguidade"

Foto: RC Celta

OSalón Regio da Sede acolleu este xoves a presentación de Un equipo para un país. O Celta e a galeguidade, a primeira obra editada por RIO1923 e asinada polo investigador celtista Xavier Sánchez Pazos. Unha tarde celeste, próxima e participativa, enmarcada na Semana das Letras Galegas, que reuniu traballadores, representantes do club e afeccionados.


Vidéos OneFootball


O acto, en formato mesa redonda, estivo moderado polo xornalista de Faro de Vigo Armando Álvarez e contou coa participación de Sergio Álvarez, conselleiro do Celta; José Henrique Costas, catedrático de Filoloxía da Universidade de Vigo; Sime Cantó, cantante de Keltoi!; e o propio autor.

O exxogador celeste foi o encargado de dar a benvida e abrir a conversa en nome do club, poñendo en valor o orgullo de presentar un libro escrito en galego e centrado nas nosas raíces e identidade, reivindicando o papel de libros coma este como ferramentas para “transmitir aos nosos fillos e fillas que é o Celta e que significa ser do Celta”. Unha idea que enlazou coa do moderador, quen definiu a obra como “unha obra que non sabiamos que necesitabamos e que agora me parece imprescindible”e celebrou a naturalidade coa que actualmente “o galego, e o galeguismo, vende”.

Tras eles, Xavier, na súa intervención, situou estas páxinas no seu contexto histórico, lembrando que o Celta se fundou “para representar futbolisticamente non só a Vigo, senón a Galicia”, unha idea que segue plenamente viva e que resumiu afirmando que este é o “equipo que recolle e acolle a todos”. Unha frase da que quixeron tirar José Henrique e Sime ao falar da dimensión social do celtismo, defendendo que vestirse de celeste é tamén “usar o galego” e reivindicando o traballo das peñas e a actual sintonía entre club e afección.

Con este primeiro título, RIO1923 reafirma o seu compromiso coa creación e difusión de contidos culturais arredor do celtismo, abrindo novos espazos para manter viva a nosa historia, a nosa memoria e a nosa identidade. Unha tarde sentida e única que demostra, unha vez máis, que o Celta ten moito que contar máis alá do céspede, porque como di Xavier: “Nunca necesitei que gañases nada para quererte”.

À propos de Publisher