Miguel Román: "Levo anos soñando con este día" | OneFootball

Miguel Román: "Levo anos soñando con este día" | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·31 Agustus 2025

Miguel Román: "Levo anos soñando con este día"

Gambar artikel:Miguel Román: "Levo anos soñando con este día"
Gambar artikel:Miguel Román: "Levo anos soñando con este día"

O Celta  sumou un punto no seu duelo contra o Villarreal (1-1), grazas a un gol no minuto 93 que evitou a derrota en Balaídos. Máis alá do resultado, a tarde quedou marcada polo debut en Primeira División de Miguel Román, canteirán celeste que se mostrou emocionado tras o encontro.

O día de hoxe é un día de orgullo para min, e para a miña familia, xa que levamos anos soñando con isto”, confesou o futbolista, que viviu un momento moi especial vestido coa camiseta do primeiro equipo.


Video OneFootball


Román destacou tamén o papel da canteira, protagonista dunha xornada histórica: “É sorprendente, en poucos equipos pasa iso. Cando entras no campo ves que hai un ou dous anos xogaba con eles, fixéronme o debut máis fácil”, explicou, en referencia ós nove xogadores formados na Madroa —oito deles galegos— que saíron de inicio contra o Villarreal.

No plano deportivo, o canteirán valorou positivamente a actuación do equipo: “A primeira parte dominamos, tiñamos claro o plan do míster e creo que o levamos a cabo. Ó final levamos un sabor agridoce pero estamos na xornada tres e hai que seguir progresando”, analizou.

Lihat jejak penerbit