Directo | Afouteza Podcast: Ad Latus, Semper (Ao teu Lado, Sempre) | OneFootball

Directo | Afouteza Podcast: Ad Latus, Semper (Ao teu Lado, Sempre) | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·19 aprile 2026

Directo | Afouteza Podcast: Ad Latus, Semper (Ao teu Lado, Sempre)

Immagine dell'articolo:Directo | Afouteza Podcast: Ad Latus, Semper (Ao teu Lado, Sempre)

Dicen que o Celta pechou a súa travesía europea cunha derrota desas que che deixan o corpo como despois dun temporal en Corrubedo, cabo Home ou mesmo Cabo Silleiro: mollado, despeiteado e mirando ao horizonte con cara de “isto non era o plan”. Vale. Pero… que importa iso cando a viaxe foi tan fértil e o amor é eterno? Pois iso: nada. Porque hai derrotas que che quitan puntos e hai outras que che dan historias. E o celtismo, amigos, aliméntase de historias como o caldo dunha avoa: a lume lento, con retranca e cunha folla de loureiro. Por iso mesmo, hoxe Afouteza Podcast fai o que mellor sabe facer: converter a pena en risa, a eliminación en conversa, e a ansiedade en poesía.

E o lema, como un amarre firme no peirao: “Ao teu carón, sempre.” 🎙️ Quen vén á Afouteza (e que non falte ninguén) Nesta entrega, o mostrador está ben servido: Bardo do Norte, coa pluma afiada e a emoción a punto de saltar da taza. Airam, poñendo orde no caos como quen coloca os posavasos despois dunha noite longa. Percu, marcando o ritmo: se a vida bate, nós batemos de volta (con compás). Os mellores comentarios dos colaboradores de Moi Celeste desta semana, que veñen cargados de análise, chiscadelas e algunha verdade que pica pero cura. E moitos amigos do chat, esa bancada invisible que fala coma se estivese na fila 18 de Río… pero coa comodidade do sofá e a valentía do teclado. 😉 Falaremos sen filtro (pero con cariño) de: A eliminación europea, con perspectiva: o que doeu, o que ensinou e o que nos fixo máis nosos. O estado do equipo actuamente... queimazón? Burnout o simple desconecte? (Cerví, quenta que saes) O reto maiúsculo de volver clasificarnos este ano, que é unha tarefa nada doada: máis dura ca abrir unha bolsa de pipas con luvas de inverno.


OneFootball Video


O que vén agora: cabeza fría, corazón quente e un ollo na táctica… e o outro na esperanza. Qué ten que cambiar na planificación cara o proximo ano para avanzar se logramos a clasificación? 😂 Retranca da casa: porque somos o que rimos Hai equipos que, cando perden, fan silencio. O Celta, cando perde, constrúe lendas: de cando o vento sopraba en contra, de cando o árbitro parecía levar camiseta doutro ton, de cando a pelota non quería entrar nin con invitación. E logo está o celtista, que é unha especie rara e marabillosa: pode estar triste e orgulloso á vez, coma quen di “saíu mal, pero saíu noso”. Aquí non vendemos fume: vendemos memoria. E a memoria celtista é como unha ría: ás veces baixa a marea e ves as pedras; outras sobe e todo parece posible. Pero sempre, sempre… hai mar. E Afouteza Podcast. E agardámoste esta noite aas 21:00

Visualizza l' imprint del creator