moiceleste.com
·8 ottobre 2025
In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·8 ottobre 2025
Foto: Futgal
O Celta impúxose esta noite por 5-0 a unha selección de Ourense nun encontro benéfico baixo o lema “Xuntos contra o lume”, organizado para recadar fondos en apoio ás persoas afectadas pola vaga de incendios que arrasou a provincia este verán. Máis alá do resultado, o partido deixou momentos emotivos e tamén o debut co primeiro equipo do central do Celta Fortuna, Pablo Meixús, que viviu unha noite especial.
“Era un partido para o disfrute da xente, e para apoiar a todas esas persoas que sufriron os incendios”, explicou Meixús ao remate do encontro. O xogador quixo destacar tamén a resposta solidaria da afección: “Agradecer a toda a xente que veu hoxe ao estadio, á xente que mandou cartos por Bizum, que é moi importante”.
O central, habitual no filial celeste, amosouse emocionado pola oportunidade de compartir vestiario co primeiro equipo. “Moi contento por participar con eles. É algo bonito, a primeira vez, pero de momento temos que estar ao noso, e se fai falta algunha vez, aí estaremos”, asegurou.
Sobre a posibilidade de repetir experiencia en competicións oficiais, Meixús mantén os pés no chan:“Nunca se sabe, temos que traballar día a día e logo deciden eles”, sinalou, cun sorriso de ilusión e humildade.