Carreira: "Isto non debe frear as aspiracións do equipo" | OneFootball

Carreira: "Isto non debe frear as aspiracións do equipo" | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·13 de maio de 2026

Carreira: "Isto non debe frear as aspiracións do equipo"

Imagem do artigo:Carreira: "Isto non debe frear as aspiracións do equipo"
Imagem do artigo:Carreira: "Isto non debe frear as aspiracións do equipo"

Foto: Xoan C. Gil / La Voz de Galicia

Sergio Carreira lamentou a derrota sufrida diante do Levante UD en Balaídos (2-3), aínda que destacou por momentos o bo nivel mostrado polo equipo celeste. O lateral recoñeceu o mérito do rival, ao que definiu como un conxunto“máis que digno”, e sinalou que o encontro estivo marcado pola eficacia visitante. “Penso que por ratos fixemos un gran xogo, eles tamén se estaban xogando a vida, eles tamén propoñen e levaban unha serie de partidos moi boa. Viuse hoxe que é un rival máis que digno. Foi un partido disputado. Eles chegaron con dous cañonazos fóra da área e logo un balón parado penso que mal defendido pola nosa parte. Non xogamos de todo mal pero aínda así non creo que fósemos merecedores hoxe”, explicou.


Vídeos OneFootball


Carreira tamén analizou as dificultades que está atopando o equipo nos últimos encontros como local, admitindo que o Celta non se está sentindo cómodo en Balaídos. O xogador apuntou á capacidade dos rivais para pechar espazos e aproveitar as súas ocasións, aínda que insistiu en que o máis importante agora é centrarse nos partidos que restan e sumar puntos decisivos. “Os últimos partidos non estamos cómodos na casa, os rivais conseguen encerrarse ben e logo aproveitar as súas ocasións. Gustaríame que mellorase o noso rexistro en casa, pero se puntuamos esta fin de semana tamén merecerá a pena. Hai que seguir e tentar centrarse no que vén e non pensar en casa ou fóra. Seguir e tentar conseguir os tres puntos”, afirmou.

O canteirán celeste tamén quixo lanzar unha mensaxe de confianza de cara ao tramo final da temporada, asegurando que a derrota non debe afectar ás aspiracións europeas do equipo. Carreira destacou a boa dinámica do grupo e pediu manter o mesmo camiño, aínda que sen deixar de lado a necesidade de corrixir erros.“Creo que estamos nunha boa racha. Isto non debe frear as aspiracións que poida ter o equipo. Temos que seguir no mesmo camiño, loxicamente corrixindo moitísimas cousas. Agora mesmo é momento de botar todo o resto que temos e dar todo por este equipo”, concluíu.

Saiba mais sobre o veículo