Miguel Román: "Dende que cheguei ao Celta mellorei moito" | OneFootball

Miguel Román: "Dende que cheguei ao Celta mellorei moito" | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·15 de agosto de 2025

Miguel Román: "Dende que cheguei ao Celta mellorei moito"

Imagem do artigo:Miguel Román: "Dende que cheguei ao Celta mellorei moito"
Imagem do artigo:Miguel Román: "Dende que cheguei ao Celta mellorei moito"

Despois de renovar o seu contrato co Celta ata o 30 de xuño de 2028, Miguel Román deu unha entrevista a Celta Media na que analizou o acordo alcanzado: "Renovar co Celta para min é un orgullo, xa que desde pequeno quería ser futbolista", sinalou.

O xogador, que recalou en Vigo no verán de 2023, apuntou: "Desde que cheguei ao Celta mellorei moito a nivel persoal, collín moita confianza en min mesmo. Tamén adquirín aspectos tácticos, chego con frecuencia á área e creo que son perigoso nesas zonas", engadiu.


Vídeos OneFootball


O seu obxectivo para esta tempada é "intentar xogar o maior número de minutos posible e aproveitar as oportunidades. A nivel colectivo, o primeiro é permanecer en Primeira e, despois, pouco a pouco, ir medrando", apuntou.

Por último, sinalou a importancia, a nivel persoal, de xogar a Europa League: "Hai oito ou dez anos ía ver ao Celta en Europa como afeccionado, na época das semifinais contra o Manchester". Agora el será protagonista sobre o terreo de xogo.

Saiba mais sobre o veículo