O 82% dos celtistas non deixarían de selo nin por todo o diñeiro do mundo | OneFootball

O 82% dos celtistas non deixarían de selo nin por todo o diñeiro do mundo | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·28 de novembro de 2025

O 82% dos celtistas non deixarían de selo nin por todo o diñeiro do mundo

Imagem do artigo:O 82% dos celtistas non deixarían de selo nin por todo o diñeiro do mundo

(RC CELTA) O Celta volve marcar un fito ao superar os 40.000 celtistas, unha cifra que reflicte o crecemento constante deste sentimento que rodea ao club. Para coñecer mellor a quen forma esta gran familia celeste, o Celta lanzou recentemente unha enquisa cuxos resultados, ademais de reveladores, deixaron máis dun sorriso nas oficinas de A Sede.

Como cabía esperar, a maioría dos afeccionados descubriu a súa paixón polo Celta grazas aos seus pais e nais, e moitos seguen compartindo con eles este sentimento que, aínda que bonito, tamén está inevitablemente ligado ao sufrimento. O 60% dos enquisados recoñece perder a conta das veces que chorou polo equipo, pero nin un só deses momentos foi razón suficiente para exporse non renovar o seu carné.


Vídeos OneFootball


Esa fidelidade reflíctese tamén na presenza do celtismo nalgúns dos momentos máis lembrados da historia recente do club. A salvación de 2023 ante o FC Barcelona, a permanencia do 4% ou o debut de Iago Aspas fronte ao Deportivo Alavés en 2008 son exemplos de instantes compartidos que deixaron pegada en miles de afeccionados.

A esta memoria súmase outro elemento que axuda a explicar a identidade celeste. As camisetas, a segunda pel de cada celtista, segue sendo o obxecto máis prezado. Cunha media de cinco por afeccionado, estas pezas gárdanse como auténticos tesouros. Un sentimento que leva por fóra, pero tamén por dentro; xa que aparece tamén cando os enquisados falan de como se definen a si mesmos. Case a metade sitúa “ser do Celta” entre as tres características que mellor os representan, o que demostra o peso que esta paixón ten na súa vida diaria. Unha identidade que se empeza a construír desde a primeira vez que pisan Abanca Balaídos. E, precisamente, as primeiras impresións no templo celeste foron outro dos aspectos destacados. A moitos lles sorprendeu a saída dos xogadores desde o túnel situado baixo o terreo de xogo e a forza coa que a bancada animaba ao equipo.

Entre todas as cuestións da enquisa, houbo unha que espertou especial atención. A pregunta sobre “Canto diñeiro faría falta para deixar de ser celtista?” atopou unha resposta case unánime. O 81,6% afirmou que non existe cantidade capaz de distancialos do equipo. Aínda que un 15% recoñeceu que, por un millón de euros, polo menos pensaríao.

Todas estas preguntas, complétanse e resumo cunha final, centrada na orixe dese sentimento celeste. Moitos aseguran ser do Celta desde a infancia, outros o descubriron máis adiante e non faltan quen di que o son desde antes de nacer. Uns o herdaron, outros foron cultivando o seu amor co tempo e moitos o recoñecen como parte esencial da súa identidade. En todos os casos, o resultado é o mesmo: un sentimento de pertenza, de Afouteza e de Corazón, inexplicable.

O club quere agradecer a cada un dos 40.000 afeccionados que forman esta familia. A afección é o motor do Celta e ver como crece é un motivo de orgullo para todos.

Saiba mais sobre o veículo