moiceleste.com
·6. Oktober 2025
Giráldez convoca a 7 xogadores do Celta Fortuna no amigable contra o lume

In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·6. Oktober 2025
Claudio Giráldez convocou a 25 futbolistas para o amigable que se disputará este mércores (20:00) ante unha selección de Ourense nunha cita solidaria denominada"Xuntos contra o lume", co obxectivo de apoiar a reforestación dos montes galegos arrasados polos incendios, cuxo epicentro estivo na provincia de Ourense.
Hai varias novidades interesantes e atractivas, especialmente polos xogadores do filial que poden vivir os seus primeiros minutos coa camiseta do Celta. Entraron na lista Joel López, Pablo Meixús, Pablo Gavián, Hugo Burcio, Hugo González, Óscar Marcos e Ángel Arcos, ademais dos xogadores que xa están na dinámica do primeiro equipo como Javi Rodríguez e Jones El-Abdellaoui. Queda fóra Yoel Lago. Outra novidade importante é a entrada de Joseph Aidoo, que no que levamos de tempada e pretempada non fora convocado.
As ausencias do primeiro equipo para este encontro son Manu Fernández, Javi Rueda, Marcos Alonso, Hugo Sotelo, ademais do lesionado Ristic, e dos xogadores que están coas súas seleccións: Radu, Starfelt, Swedberg e Borja Iglesias.