moiceleste.com
·25 février 2026
Quedada celtista antes do Celta - PAOK

In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·25 février 2026


Mañá será un día importante, e a afección celtista mobilizarase coa convocatoria dunha quedada que comezará ás 18:00 cunha macro previa celtista, que se prolongará ata as 20:15. Neste momento, todos os presentes marcharán xuntos cara a Balaídos para acceder á bancada ás 20:30. Agárdase un gran ambiente nunha noite que promete moitas emocións, na que o Celta defenderá o 1-2 acadado no partido de ida disputado en Salónica.









































