moiceleste.com
·03 de novembro de 2025
Sergio Carreira: “Sufrimos, traballamos e fomos moi competitivos”

In partnership with
Yahoo sportsmoiceleste.com
·03 de novembro de 2025


Foto: Faro de Vigo
O Celta sumou este domingo unha valiosa vitoria noCiutat de Valencia ante o Levante (1-2), nun partido duro e moi esixente no que o equipo celeste soubo acadou os tres puntos con un gol no desconto. Ao remate do encontro, o carrileiro Sergio Carreira expresou a súa satisfacción polo esforzo colectivo e polo rendemento do grupo.
“Foi un partido moi traballado. Adiantámonos na primeira parte, logo o ritmo de bola na segunda foi un tanto lento. Ese gol fíxonos un pouquiño de dano. Aínda así conseguimos a vitoria, sufrimos, traballamos e fomos moi competitivos. Alegre polos tres puntos”, afirmou o lateral dereito, visiblemente contento polo resultado.
Carreira amosouse tamén orgulloso do momento que atravesa o equipo e do traballo que se está a realizar nas últimas semanas. “Enorgullecido polo equipo sobre todo, polo traballo que se está a facer. A racha que estamos seguindo. Está sendo o mellor posible en canto a resultados. Temos que seguir mellorando moitas cousas pero con resultados positivos sempre se traballa mellor”, sinalou, en referencia ás dúas vitorias seguidas en Liga e ás catro consecutivas contando todas as competicións.
O xogador quixo ademais agradecer o apoio da afección celeste, que unha vez máis acompañou o equipo fóra da casa. “Non hai palabras para agradecer porque seguen connosco aí onde vaiamos. Estamos todos moi contentos de ter un xogador máis en todos os campos nos que xogamos, en casa, fóra, a quilómetros. Invítolles a que continúen con nós este camiño tan bonito que estamos perseguindo”, comentou o defensor, emocionado polo respaldo constante dos seareiros.
Ao vivo






Ao vivo



































