O Xuvenil arranca a tempada cunha vitoria sobre o Deportivo | OneFootball

O Xuvenil arranca a tempada cunha vitoria sobre o Deportivo | OneFootball

In partnership with

Yahoo sports
Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·14. September 2025

O Xuvenil arranca a tempada cunha vitoria sobre o Deportivo

Artikelbild:O Xuvenil arranca a tempada cunha vitoria sobre o Deportivo
Artikelbild:O Xuvenil arranca a tempada cunha vitoria sobre o Deportivo

O Celta Xuvenil de División de Honra impúxose esta mañá no derbi disputado en A Madroa grazas a un gol de Anthony Khayat, unha das incorporacións deste verán, quen a pesar de comezar no banco anotou o tanto do triunfo na segunda metade do encontro, cando apenas restaban nove minutos para o remate do tempo regulamentario.

O partido correspondía á primeira xornada, polo que non puido comezar con máis emoción: un duelo entre dous dos principais aspirantes a loitar polo título unha tempada máis. Alberto Suárez apostou de inicio por Izan Server, Jorge Sálamo, Mario Prado, Noah Rodríguez, Mateo Sobral, Ángel Dávila, Iago Barreiros, Pedro Ildefonso, Hugo Pérez, Álex Fraga e Iker Rodríguez. Na segunda parte entraron Sergio Beltrán, Dani Noya, Anthony Khayat, Cristian Carro e Jorge Lambea.


OneFootball Videos


Con este resultado, o conxunto celeste sitúase no grupo de equipos con tres puntos, aínda que ao vencer por 1-0 queda por detrás de tres rivais: o Lugo, líder tras gañar en Ferrol (1-3), o TSK Roces e a Gimnástica de Torrelavega.

Impressum des Publishers ansehen